So cambiaría o feito de dedicar máis tempo a concretar e tratar a función dos Equipos de Axuda: insistir sobre os procedementos, as regras, o que se debe e non facer… ou mesmo adestrar a súa función ensaiando con situacións simuladas nas que tivesen que abordar os problemas máis habituais na escola e puidesen corrixir erros. Penso que sustituír algunhas dinámicas/xogos ou acurtalas un pouco permitiría investir máis tempo nesto outro.
