-
Obxectivo e metodoloxía
O obxectivo principal é dotar á poboación destinataria das ferramentas necesarias para que acaden unha autoxestión positiva da súa convivencia e afronten con éxito as situacións da vida cotiá.
-
Oferta formativa
En Convive+ sabemos que non todos temos as mesmas necesidades, por iso a nosa metodoloxía se basea na flexibilidade e adaptación á situación actual de cada cliente, buscando a formación que máis se axuste e que máis beneficios lle poida aportar.
-
Sobre min
Son Jeniffer Herbón, psicóloga xurídico-forense (USC) e especialista en mediación (UVigo), e son a creadora e principal formadora de ConVive+.
RESEÑAS
A información é práctica
Moi bo contido e comunicación do mesmo. A información é práctica e céntrase en atopar solucións, coidando a figura da mestra e o respecto á infancia e ás súas necesidades.
Intervención formada, responsable, amena y cercana
Con su intervención ponemos en práctica un proyecto ilusionante para el centro. Tanto el alumnado participante como el profesorado hemos sentido una intervención formada, responsable, amena y cercana. Pretendo con su ayuda seguir sacando adelante y dando forma a esta iniciativa. Muchas gracias Jeniffer.
Moi boa formación
Moi boa formación. Mágoa de non ter máis sesións.
Moi necesario
É moi necesario este tipo de obradoiros. Penso que os alumnos o pasaron ben, e todo o que se falou foi nunha linguaxe moi clara para eles.
Presentacións motivadoras e moi dinámicas
Presentacións motivadoras e moi dinámicas para as familias, participativas e cuns contidos axeitados. Nos obradoiros para nenos/as as actividades foron lúdicas e motivantes para os rapaces maiores, cos pequenos/as houbo máis dificultades á hora de conectar con eles.
Formación moi amena
Nocións moi claras e concisas que serán de gran axuda como ferramenta educativa e persoal en canto á comunicación asertiva e á educación emocional. Jeniffer levou a cabo unha formación moi amena que nos fixo manter a atención constante. Moitas gracias por facernos comprender e aprender a mellorar nestes eidos básicos das relacións humanas!
Contidos moi axeitados
En xeral valoro os obradoiros de forma moi positiva. O alumnado conectou coa poñente e os contidos abordados foron os esperados e moi axeitados ás necesidades do grupo.
Moi ben plantexado
Curso moi interesante no que adquirín moitos coñecementos con exemplos prácticos. Moi ben plantexado.
Ameno
Ameno, interesante e penso que lles fixo pensar os alumnos, cando menos mentres durou o obradoiro.
Xenial o modo de comunicarse e conectar co alumnado
Xenial o modo de comunicarse e conectar co alumnado. As dinámicas de grupo empregadas gustáronme moito, moi acertadas. Fíxoseme curta a formación. Adicaría máis tempo para aplicar o aprendido con casos prácticos. Un auténtico pracer!!
Pareceume todo moi interesante
Bueno, pareceume todo moi interesante.
A experiencia con Convive+ foi marabillosa
A experiencia con Convive+ foi marabillosa desde o primeiro contacto. Grazas por saber escoitarnos e por adaptarte sempre ás nosas necesidades. A formación en convivencia co alumnado de 4°ESO marcou un antes e un despois nas súas dinámicas. Tamén contamos con Convive + para botar a andar un equipo de alumnado axudante de 1°, 2° e 3° de ESO, que remata a formación con moitas ferramentas para a resolución de conflitos e con moitas ganas de axudar.
Todo foi sobre rodas
Fai un par de semanas que tivemos a gran sorte de contar con Jeni para a formación do alumnado mediador do noso centro: todo foi sobre rodas e a rapazada quedou moi contenta e con ganas de comezar. Jenni non só aportou ferramentas senón tamén motivación e confianza ao alumnado, ademáis do recoñecemento do seu papel e valor dentro da convivencia do centro. Paga a pena traballar con ela, tanto polos resultados acabados, como a súa profesionalidade e trato cercano e amable. Repetiremos!
Me gustó mucho
Me gustó mucho tal como se dio el curso sobre todo que identifiquen emociones, bien interpretando o a través de fotografías. De quitar sólo quitaría la parte de las funciones de los miembros del Equipo Axudante porque ya la orientadora estuvo en las clases explicando esta parte y me pareció un poco repetitivo. Por lo demás os digo Muchas Felicidades!
Jeniffer é unha gran profesional
Jeniffer é unha gran profesional, empática e coñecedora das realidades da convivencia en centros de traballo e educativos. Na Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía puidemos contar coa súa profesionalidade en varias ocasións, para formar ao claustro e alumnado en mediación e xestión positiva do conflito, así como iniciar o primeiro programa de titorización entre iguais para alumnado. A experiencia foi sempre moi positiva e enriquecedora, e non dubidaremos en colaborar con ela de novo no futuro.
Actividades dinámicas e participativas
O obradoiro estivo moi ben estructurado e con actividades dinámicas e participativas. A pena foi que se fixo curto para que o alumnado puidera participar máis e interiorizar os contidos tan interesantes que a formadora impartiu.
Metodoloxía dinámica e cercana
Metodoloxía dinámica e cercana, consegue que o tempo pase rapidamente, mantendo en todo momento o interese. A súa experiencia no ámbito da mediación reflectiuse na claridade das súas explicacións, facilitando que comprendésemos de forma rápida e efectiva os conceptos clave do proceso. A súa capacidade para conectar co grupo fixo que a sesión fose amena e moi útil.
Explicado con claridade
Parecéume moi interesante, ameno e explicado con claridade.
Recibimos unha excelente formación
Recibimos unha excelente formación e unha axuda inestimable de cara a iniciar o proceso de creación dun equipo de mediación escolar formado por profesorado e alumnado.
Formación interesante e necesaria
Paréceme moi interesante e necesaria para traballar nos coles/ies e aos rapaces e rapazas lles gustou moito.“
Me pareció muy interesante
Me pareció muy interesante trabajar con el alumnado este tipo de técnicas y espero que les ayuden a ello@s y al profesorado en la resolución de conflictos.
Moitísimas grazas Jeni
Moitísimas grazas Jeni, por todos os obradoiros realizados ao longo destes dous cursos. Foi unha marabilla poder formar parte e sobre todo axudas aos cativos e tamén aos profes. Destacaría as túas habilidades comunicativas e o dominio da temática xa que enganchas aos rapaces dende o inicio. Aportas distintas técnicas e ferramentas moi útiles no día a día. MOITAS GRAZAS! Agardo que pronto teñamos otro obradoiro contigo.
Moi dinámica e interesante
A formación foi moi dinámica e interesante. Dotounos de estratexias prácticas para traballar na aula. Ganas de mais!
Súper recomendado!
Las formaciones que tuve con Jeni fueron maravillosas, conocí herramientas para mejorar mi comunicación, para resolver conflictos, para escuchar y para ser escuchada tanto en el ámbito estudiantil como a nivel personal. Súper recomendadas todas las formaciones con ella!!
Sesións ben organizadas
Realizamos un curso de convivencia no centro. As sesións estiveron ben estruturadas e organizadas pola docente; intercalando tanto contidos teóricos con dinámicas máis prácticas e aplicables na aula.
Moi Recomendable!
A formación impartida ao profesorado sobre a mediación escolar foi moi práctica e enriquecedora. Desexando comezar coa formación do alumnado. Jeni é unha profesional excelente. Un luxo poder contar con ela para a creación do noso equipo de Mediación.
Soupo conectar co alumnado
O obradoiro resultou moi interesante e soupo conectar e transmitir moi ben co alumnado.
Encantoume!
Jeni descúbrenos un mundo cheo de ferramentas que solamente poden mellorar a convivencia e aportar cousas positivas. Expón os procedementos dunha forma sinxela de levar a cabo e ten un punto motivador que te anima a iniciar o camiño das súas propostas. Gustaríame volver a realizar algunha formación con ela en un tempo non moi lonxano. Encantoume!
Charla clara e ben estruturada
Empezar cunha dinámica é un acerto e encantoume o clara e ben estructurada que foi a charla. Grazas.
Un acerto!
É o segundo ano que confiamos en Jeniffer para formar alumnado e profesorado en sistemas de apoio entre iguais: o ano pasado en Mediación e este ano en Equipos de Axuda e todo foi sobre rodas. Jeniffer é cercana, experta, clara, empática e faise coa rapazada en seguida. Elas e eles non só se forman, senón que disfrutan e se poñen en valor como peza clave dunha boa convivencia, trato e comunicación nas súas relacións diarias e axudando aos demais voluntaria e gustosamente. Un acerto!
