Bueno, pareceume todo moi interesante.
Xenial!
Xenial, poucas veces me teño atopado ponentes que comuniquen tan ben ás cousas e consigan manterme atenta todo o tempo
A experiencia con Convive+ foi marabillosa
A experiencia con Convive+ foi marabillosa desde o primeiro contacto.
Grazas por saber escoitarnos e por adaptarte sempre ás nosas necesidades.
A formación en convivencia co alumnado de 4°ESO marcou un antes e un despois nas súas dinámicas.
Tamén contamos con Convive + para botar a andar un equipo de alumnado axudante de 1°, 2° e 3° de ESO, que remata a formación con moitas ferramentas para a resolución de conflitos e con moitas ganas de axudar.
Intervención formada, responsable, amena y cercana
Con su intervención ponemos en práctica un proyecto ilusionante para el centro. Tanto el alumnado participante como el profesorado hemos sentido una intervención formada, responsable, amena y cercana.
Pretendo con su ayuda seguir sacando adelante y dando forma a esta iniciativa. Muchas gracias Jeniffer.
Acompañounos dende o principio do proxecto
Acompañounos dende o principio do proxecto e soubo darlles forma ás ideas que nós tiñamos ata convertelas nunha realidade. É unha persoa dinámica, que domina o tema do que fala e que ten unha visión realista dos centros e da convivencia. Gaña a confianza do profesorado e conecta perfectamente co alumnado.
O grao de satisfacción é bo
A ponente ten moi boas habilidades para a comunicación. A valoración xeral dos obradoiros é boa. O único que sería preciso considerar e a parte teórica da formación en relación as idades e a capacidade de atención do grupo (alumnado). Cando son grupos grandes é mellor intercalar parte expositiva con parte práctica; ben por equipos, parellas…
O grao de satisfacción é bo.
Moi recomendable!
Moi recomendable! Jeni é un encanto, moi accesible, disposta e adáptase perfectamente ás distintas necesidades do centro (tanto en relación a contidos como en relación a número de sesións). No noso caso contamos con ela para impartir un obradoiro de convivencia (no marco do Plan de Benestar Emocional) e a formación para mediación entre iguais. Todo un éxito
Foi un pracer
Foi un pracer poder contar con Jeni nas sesións para traballar a intelixencia emocional: contido, asertividade, comunicación e dinamismo para facer das sesións un espazo de expresión onde o alumnado se sinte seguro para compartir cos demáis. Espero que pronto poidamos volver a contar co seu bo que facer!
Presentacións motivadoras e moi dinámicas
Presentacións motivadoras e moi dinámicas para as familias, participativas e cuns contidos axeitados.
Nos obradoiros para nenos/as as actividades foron lúdicas e motivantes para os rapaces maiores, cos pequenos/as houbo máis dificultades á hora de conectar con eles.
Jeniffer é unha gran profesional
Jeniffer é unha gran profesional, empática e coñecedora das realidades da convivencia en centros de traballo e educativos. Na Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía puidemos contar coa súa profesionalidade en varias ocasións, para formar ao claustro e alumnado en mediación e xestión positiva do conflito, así como iniciar o primeiro programa de titorización entre iguais para alumnado. A experiencia foi sempre moi positiva e enriquecedora, e non dubidaremos en colaborar con ela de novo no futuro.
