Conecta de maneira espectacular coa rapazada

Coma sempre, foi un pracer ter a Jeni de novo no centro. Conecta de maneira espectacular coa rapazada e a súa forma de comunicar é moi eficaz. Tanto o profesorado como o alumnado do noso Equipo de Mediación, valoramos sempre de forma moi positiva as súas formacións. Grazas!!!

Formación totalmente recomendable

O que máis me gustou deste curso foi o enfoque na mediación entre iguais. En Secundaria é fundamental que os adolescentes sintan que teñen voz; este curso deume as claves para que eles mesmos sexan protagonistas na resolución dos seus conflitos, fomentando a súa autonomía e responsabilidade dentro do instituto. Sen dúbida, unha formación totalmente recomendable para calquera profesional que queira transformar a convivencia nos centros.»

Formación dinámica, interesante e productiva

Formación dinámica, interesante e productiva
Considero que estas xornadas foron de gran utilidade para o alumnado e profesorado. Practicamos diferentes técnicas que serven de axuda para mellorar a convivencia dentro da aula e as relacións persoais en xeral. As tarefas levadas a cabo estaban ben adaptadas á idade do alumnado e á demanda do centro neste caso.
A valoración global é moi positiva.

Foi todo un éxito

Tempos axustados e promoción movida e falangueira fixeron máis complexa a realización das dinámicas, e índa así, foi todo un éxito: desfrutaron, aprenderon e descubriron como apoiar ao resto do grupo no día a día.

Gustoume moito

É a primeira vez que acudo a unha destas formacións co alumnado e pareceume moi interesante porque teñen que reflexionar en voz alta sobre situacións que viven continuamente; ademais os exemplos e os supostos que tiñan que resolver son habituais e cotiáns, polo que non se lles fai estrano nin inverosímil.
Gustoume moito e oxalá poder acudir máis tempo na próxima ocasión.

É un curso interesante

É un curso interesante, posto que amosa os equipos de axuda como unha ferramenta indispensable nos centros desde un punto de vista totalmente práctico e accesible. É algo que se pode implementar.

As súas propostas son reais

A sesión foi moi enriquecedora e o que me pareceu máis importante foi que as súas propostas son reais, baixa ás aulas e a realidade coa que nos atopamos. Sabendo, ademais, que isto precisa de moito traballo e colaboración.
Quedámonos con pena de non ter mais tempo.

Un acerto!

É o segundo ano que confiamos en Jeniffer para formar alumnado e profesorado en sistemas de apoio entre iguais: o ano pasado en Mediación e este ano en Equipos de Axuda e todo foi sobre rodas. Jeniffer é cercana, experta, clara, empática e faise coa rapazada en seguida. Elas e eles non só se forman, senón que disfrutan e se poñen en valor como peza clave dunha boa convivencia, trato e comunicación nas súas relacións diarias e axudando aos demais voluntaria e gustosamente. Un acerto!

A valoración é positiva

Penso que a formación foi clara e ben organizada. Os contidos explicáronse de forma amena e a docente conectou moi ben cos rapaces, favorecendo un ambiente participativo. En xeral, a valoración é positiva.