Realizamos un curso de convivencia no centro. As sesións estiveron ben estruturadas e organizadas pola docente; intercalando tanto contidos teóricos con dinámicas máis prácticas e aplicables na aula.
A experiencia foi boa
A experiencia foi boa, a nivel profesional moi adaptable e útil nas titorías. Gustoume a idea do equipo de axudantes. E tamén me axudou a expoñer conflitos que estaban a ter lugar nas sesións de claustro e no trato entre compañeiros. Grazas!
Moi pedagóxico
Directa, pragmática, moi pedagóxico o enfoque e cunha dinámica baseada na propia situación de aprendizaxe. Bravo Jeniffer, gustome mil
Todo foi sobre rodas
Fai un par de semanas que tivemos a gran sorte de contar con Jeni para a formación do alumnado mediador do noso centro: todo foi sobre rodas e a rapazada quedou moi contenta e con ganas de comezar. Jenni non só aportou ferramentas senón tamén motivación e confianza ao alumnado, ademáis do recoñecemento do seu papel e valor dentro da convivencia do centro. Paga a pena traballar con ela, tanto polos resultados acabados, como a súa profesionalidade e trato cercano e amable. Repetiremos!
Excelente
Excelente presentación, explicación y práctica docente para comenzar a trabajar con el grupo de Mediación.
Contidos moi axeitados
En xeral valoro os obradoiros de forma moi positiva. O alumnado conectou coa poñente e os contidos abordados foron os esperados e moi axeitados ás necesidades do grupo.
Formación amena e completa
Jeniffer é toda unha experta neste eido e leva a cabo unha formación amena e completa, acompañada dun material excelente realizado integramente por ela. É totalmente imprescindible e recomendable para ter unha boa base na formación de convivencia nos centros.
Moi participativa
Unha charla cos nenos e nenas levada de maneira maxistral. Divertida, amena, moi participativa…xenial.
Moi ben plantexado
Curso moi interesante no que adquirín moitos coñecementos con exemplos prácticos.
Moi ben plantexado.
Formación moi completa
Quedei moi satisfeita con esta formación. Foi moi completa, chegounos a información por vías diferentes, fixemos prácticas e a poñente estivo sempre atenta a responder a todas as nosas dúbidas, cuestións, e empregar máis tempo do negociado sempre que fixo falta para rematar unha actividade ou facer aclaracións.
