• Obxectivo e metodoloxía

    O obxectivo principal é dotar á poboación destinataria das ferramentas necesarias para que acaden unha autoxestión positiva da súa convivencia e afronten con éxito as situacións da vida cotiá.

    Saber máis

  • Oferta formativa

    En Convive+ sabemos que non todos temos as mesmas necesidades, por iso a nosa metodoloxía se basea na flexibilidade e adaptación á situación actual de cada cliente, buscando a formación que máis se axuste e que máis beneficios lle poida aportar.

    Saber máis

  • Equipo formativo

    Somos Jeniffer Herbón, psicóloga xurídico-forense especialista en mediación e Paola Herbón, psicóloga especialista en intervención psicolóxica en ámbitos sociais

    Saber máis


CENTROS VISITADOS

RESEÑAS

Maria Buceta
Coordinadora de convivencia / IES Sanchez Canton

Destaca o seu traballo…

Destaca o seu traballo en contidos como empatía, escoita activa, percepcións dun conflito, habilidades comunicativas e emocionais,… Todas estas destrezas non só as comunica con acerto senón que consegue no alumnado toda a atención e interese pola aprendizaxe neste eido da resolución de conflitos, tan importante para a nosa sociedade.

Carme Moure
Coordinadora de convivencia / IES Arcebispo

Piar fundamental da convivencia

O seu labor resulta un piar fundamental na creación de redes de convivencia positiva entre a mocidade do centro, converténdose esta en axente activo de cambio e protagonista na alternativa pacífica aos problemas cotiás do ámbito escolar. Coa súa excelente posta en escena logra establecer unha intercomunicación co alumnado que permite que expresen dúbidas, medos, inseguridades, formule preguntas… acadando así un clima óptimo para a aprendizaxe.

Norma Pillado
Coordinadora de convivencia / IES Manuel García Barros

Formación útil e positiva

Tivemos a sorte de contar con Jeni para a formación de convivencia no noso instituto, a súa aportación, ademais de ser moi útil, foi valorada moi positivamente tanto polo alumnado, ao que se lle pasaron moi rápido as horas de formación xa que se lles fixo moi entretido; como polo profesorado, a quen nos axudou moito coas súas aportacións. Este curso volveremos a pedirlle que volva ao noso centro!

Lucía Somoza
Coordinadora de convivencia / IES Espiñeira

Curso moi proveitoso

O curso de Mediación que recibiu o alumnado do IES Espiñeira foi moi proveitoso para o alumnado e o centro. A relatora foi moi cercana e conectou co alumnado dende o 1º momento. Conseguiu que visen a necesidade de ver os conflitos como unha oportunidade para crecer. As accións que estamos a desenvolver despois da formación están a mellorar notablemente a convivencia no centro e a forma na que agora xestionan os conflitos.

Jesusa Carballo
Orientadora / CPI de Xanceda

Formación interesante e necesaria

Paréceme moi interesante e necesaria para traballar nos coles/ies e aos rapaces e rapazas lles gustou moito.“

Marina Hurtado Soto

Súper recomendado!

Las formaciones que tuve con Jeni fueron maravillosas, conocí herramientas para mejorar mi comunicación, para resolver conflictos, para escuchar y para ser escuchada tanto en el ámbito estudiantil como a nivel personal. Súper recomendadas todas las formaciones con ella!!

Alba Ambrós Domínguez

Recomendaría esta formación

Presentación adecuada al tema. Dinamismo y seguridad en la relación con los los participantes. Reconduce la atención cuando los alumnos se dispersan. En mi opinión se debería aumentar la práctica de conducta asertiva. Recomendaría esta Formación para mejorar las relaciones interpersonales en todos los ámbitos.

Claudina Esperanza Martínez Redondo
Secretaria / CEIP Arealonga

Cen por cen recomendable

Seminario moi ben estructurado ameno, interesante, con supostos doados de levar á practica e con información moi útil. Cen por cen recomendable.

Marta Gago

Jeniffer é unha gran profesional

Jeniffer é unha gran profesional, empática e coñecedora das realidades da convivencia en centros de traballo e educativos. Na Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía puidemos contar coa súa profesionalidade en varias ocasións, para formar ao claustro e alumnado en mediación e xestión positiva do conflito, así como iniciar o primeiro programa de titorización entre iguais para alumnado. A experiencia foi sempre moi positiva e enriquecedora, e non dubidaremos en colaborar con ela de novo no futuro.

Mª Concepción De las Fuentes Villanueva
Xefa departamento de orientación / CEIP Arealonga

Presentacións motivadoras e moi dinámicas

Presentacións motivadoras e moi dinámicas para as familias, participativas e cuns contidos axeitados. Nos obradoiros para nenos/as as actividades foron lúdicas e motivantes para os rapaces maiores, cos pequenos/as houbo máis dificultades á hora de conectar con eles.

Carmen Lema Varela

Foi un pracer

Foi un pracer poder contar con Jeni nas sesións para traballar a intelixencia emocional: contido, asertividade, comunicación e dinamismo para facer das sesións un espazo de expresión onde o alumnado se sinte seguro para compartir cos demáis. Espero que pronto poidamos volver a contar co seu bo que facer!

Alba Jiménez Varela
Orientadora / IES Faro das Lúas

Moi recomendable!

Moi recomendable! Jeni é un encanto, moi accesible, disposta e adáptase perfectamente ás distintas necesidades do centro (tanto en relación a contidos como en relación a número de sesións). No noso caso contamos con ela para impartir un obradoiro de convivencia (no marco do Plan de Benestar Emocional) e a formación para mediación entre iguais. Todo un éxito

Marina Pedreira Villar
Orientadora / CEIP Chans-Bembrive

O grao de satisfacción é bo

A ponente ten moi boas habilidades para a comunicación. A valoración xeral dos obradoiros é boa. O único que sería preciso considerar e a parte teórica da formación en relación as idades e a capacidade de atención do grupo (alumnado). Cando son grupos grandes é mellor intercalar parte expositiva con parte práctica; ben por equipos, parellas… O grao de satisfacción é bo.

Rubén Rivas Vidal

Acompañounos dende o principio do proxecto

Acompañounos dende o principio do proxecto e soubo darlles forma ás ideas que nós tiñamos ata convertelas nunha realidade. É unha persoa dinámica, que domina o tema do que fala e que ten unha visión realista dos centros e da convivencia. Gaña a confianza do profesorado e conecta perfectamente co alumnado.

M del Pilar Murga Abalo
Orientadora Educativa / IES Illa de Arousa

Intervención formada, responsable, amena y cercana

Con su intervención ponemos en práctica un proyecto ilusionante para el centro. Tanto el alumnado participante como el profesorado hemos sentido una intervención formada, responsable, amena y cercana. Pretendo con su ayuda seguir sacando adelante y dando forma a esta iniciativa. Muchas gracias Jeniffer.

Rosa López Villar
Vicedirectora / IES O Carril

A experiencia con Convive+ foi marabillosa

A experiencia con Convive+ foi marabillosa desde o primeiro contacto. Grazas por saber escoitarnos e por adaptarte sempre ás nosas necesidades. A formación en convivencia co alumnado de 4°ESO marcou un antes e un despois nas súas dinámicas. Tamén contamos con Convive + para botar a andar un equipo de alumnado axudante de 1°, 2° e 3° de ESO, que remata a formación con moitas ferramentas para a resolución de conflitos e con moitas ganas de axudar.

Amparo Sobrado Janeiro
Profesora (PT) / IES O Carril

Xenial!

Xenial, poucas veces me teño atopado ponentes que comuniquen tan ben ás cousas e consigan manterme atenta todo o tempo

Pablo Alonso Suárez
Xefe de estudos / IES O Carril

Pareceume todo moi interesante

Bueno, pareceume todo moi interesante.

Moita información interesante e moi ben explicada

As dúas sesións sobre convivencia positiva e conflito foron simplemente xeniais. Moita información interesante e moi ben explicada. Jeni aportounos ferramentas moi útiles para o noso día a día na aula, sempre adaptadas ás situacións reais que se presentan en clase. Gustoume tamén que estivesen baseadas en estratexias que funcionan. Jeni mostrouse todo o tempo cercana tanto co profesorado e familias como co alumnado, ofrecéndonos charlas amenas. Moitas gracias por todo!

Sandra González
Mestra especialista de audición e linguaxe / CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro (A Capela)

Formación moi amena

Nocións moi claras e concisas que serán de gran axuda como ferramenta educativa e persoal en canto á comunicación asertiva e á educación emocional. Jeniffer levou a cabo unha formación moi amena que nos fixo manter a atención constante. Moitas gracias por facernos comprender e aprender a mellorar nestes eidos básicos das relacións humanas!

Javier García
Orientador / IES de Cotobade

Conta cun amplo dominio da temática

Jeniffer Herbón desenvolveu un obradoiro de mediación no meu centro, como complemento á formación que o profesorado do grupo de convivencia ofrece ao alumno voluntario que quere formar parte deste servizo. Conta cun amplo dominio da temática e ten moitas habilidades comunicativas para o traballo con adolescentes. A súa boa disposición e o asesoramento prestado ao centro resultou de moita utilidade. Os materiais e recursos empregados son atractivos e adaptados ao grupo de idade. Grazas!

Paz Romagnoli Gil
Xefa de estudos / Coordinadora de benestar / CPR Plurilingüe Sagrada Familia

Grazas á súa cercanía e entusiasmo

É o segundo ano que contamos coa colaboración de Jeniffer para formar ao noso alumnado axudante. Grazas á súa cercanía e entusiasmo, os rapaces e rapazas rematan a formación moi motivados e dispostos a comprometerse ao 100% co proxecto. Ademais, Jeniffer sempre está disposta a axudar ao profesorado en todo o que necesite.

Amparo Sobrado Janeiro
Profesora pedagogía terapéutica / IES O Carril

Me pareció muy interesante

Me pareció muy interesante trabajar con el alumnado este tipo de técnicas y espero que les ayuden a ello@s y al profesorado en la resolución de conflictos.

Zaida Villanueva García

Sería beneficioso ter un informe sobre a sesión

Creo que sería moi beneficioso para o profesorado ter un informe ou memoria súa sobre a sesión que nos poida axudar a levar o grupo o resto do ano (impresións sobre o grupo, recomendacións, dinámicas, etc.).

Andrea Cougil García
Orientadora / CPI do Progreso

Una formación de 10

Una formación de 10. Desde las actividades propuestas hasta la información facilitada a los alumnos/as, considero que fue muy acertado. Sin duda, repetiremos con la formación para futuros cursos.

Natalia da Cruz Abril

Xenial o modo de comunicarse e conectar co alumnado

Xenial o modo de comunicarse e conectar co alumnado. As dinámicas de grupo empregadas gustáronme moito, moi acertadas. Fíxoseme curta a formación. Adicaría máis tempo para aplicar o aprendido con casos prácticos. Un auténtico pracer!!

Sara Santos Gómez

Serviunos de moitísima axuda

Formación moi útil e súper dinámica! Serviunos de moitísima axuda coa creación dos equipos de alumnado axudante no centro e o alumnado quedou encantado con ela e coa súa forma de traballar. Moi recomendable!

Elisa Pereira Lojo
Coordinadora de Convivencia / IES Milladoiro

A formación foi moi positiva para todo o grupo

A formación foi moi positiva para todo o grupo. Jeni é unha persoa moi cercana, dinámica e traballadora. Non paramos de facer cousas nos dous días que durou a formación. Sería convinte que todo alumnado e profesorado fixera cousas de este estilo para a mellora da convivencia nos centros. Esperamos que volva pronto e animo a tod@s a facela.

Leonor Rodríguez
Vicedirectora / IES Valle Inclán

Moi boa formación

Moi boa formación. Mágoa de non ter máis sesións.

Esther Vázquez

Didáctica y amena

Didáctica y amena

Sara Martínez

Jeni Herbón é unha gran comunicadora

Jeni Herbón é unha gran comunicadora. A información foi clara, as dinámicas foron moi claras e as sesións foron incluso divertidas.

María Dolores Abal
Profesora Interina Secundaria / IES Valle-Inclán

La primera sesión fue un poco lenta

La primera sesión fué muy lenta y con poco contenido. No quedó tiempo para exponer problemas que teníamos en el aula y estaban sin resolver por parte de la dirección del centro educativo.

Beatriz Salvo

Me pareció maravilloso de principio a fin.

Me pareció maravilloso de principio a fin. Primero la propuesta, segundo el material aportado, tercero y el más importante, como conecta Jeni con los niños, y lo útil de todos los contenidos. Ya no solamente es útil para ayudar, sino también de cara a la gestión emocional individual. Creo que debería haber cursos así obligatorios para todo el alumnado. Finalmente, también muy bien la ayuda prestada en posteriores ocasiones :).

Nuria Pazos
Orientadora Educativa / IES Coruxo

Foi unha formación dinámica e práctica

A formación con Convive+ axudounos a poñer en práctica un proxecto tan necesario para a mellora da convivencia do noso IES como é o dos Equipos de alumnado axudante. Foi unha formación dinámica e práctica, onde alumnado e profesorado aprendimos moito e tamén pasámolo moi ben. Ademais a formadora conseguíu en pouco tempo establecer un vínculo co alumnado e creouse un clima moi especial entre todo o grupo. O asesoramento e materiais facilitados foron moi adecuados e de gran utilidade. Mil grazas!

Barbara Gregores Presa

Enriquecedor

As xornadas foron enriquecedoras, a pesares de que o grupo non permitía avanzar.

Antía Collazo
Mestra de Educación Primaria / CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios

Moitísimas grazas Jeni

Moitísimas grazas Jeni, por todos os obradoiros realizados ao longo destes dous cursos. Foi unha marabilla poder formar parte e sobre todo axudas aos cativos e tamén aos profes. Destacaría as túas habilidades comunicativas e o dominio da temática xa que enganchas aos rapaces dende o inicio. Aportas distintas técnicas e ferramentas moi útiles no día a día. MOITAS GRAZAS! Agardo que pronto teñamos otro obradoiro contigo.

María del Carmen Montero Chacón
Profesora e directora / CEIP López Ferreiro

Magnífica maneira de traballar

Magnífica maneira de traballar a convivencia positiva: partindo de xogos e experiencias reais, o alumnado reflexionou e chegou a conclusión moi interesantes. Parabéns!

Begoña Baltar
Profesora / IES Coruxo

Me gustó mucho

Me gustó mucho tal como se dio el curso sobre todo que identifiquen emociones, bien interpretando o a través de fotografías. De quitar sólo quitaría la parte de las funciones de los miembros del Equipo Axudante porque ya la orientadora estuvo en las clases explicando esta parte y me pareció un poco repetitivo. Por lo demás os digo Muchas Felicidades!

Cristina Casal

Moi Recomendable!

A formación impartida ao profesorado sobre a mediación escolar foi moi práctica e enriquecedora. Desexando comezar coa formación do alumnado. Jeni é unha profesional excelente. Un luxo poder contar con ela para a creación do noso equipo de Mediación.

Antía Barcia Varela

Metodoloxía dinámica e cercana

Metodoloxía dinámica e cercana, consegue que o tempo pase rapidamente, mantendo en todo momento o interese. A súa experiencia no ámbito da mediación reflectiuse na claridade das súas explicacións, facilitando que comprendésemos de forma rápida e efectiva os conceptos clave do proceso. A súa capacidade para conectar co grupo fixo que a sesión fose amena e moi útil.

Mercedes Garabán Fraga
Pedagoxía Terapéutica / CPI Plurilingüe Alfonso VII

Explicado con claridade

Parecéume moi interesante, ameno e explicado con claridade.

Leonor Blanco
Docente / USC

Excelente jornada

Excelente jornada. Dinámica, interesante. Nos brindó muchas herramientas aplicables tanto a la vida profesional como personal.

Helena García

A información é práctica

Moi bo contido e comunicación do mesmo. A información é práctica e céntrase en atopar solucións, coidando a figura da mestra e o respecto á infancia e ás súas necesidades.

María Taboada

Encantoume!

Jeni descúbrenos un mundo cheo de ferramentas que solamente poden mellorar a convivencia e aportar cousas positivas. Expón os procedementos dunha forma sinxela de levar a cabo e ten un punto motivador que te anima a iniciar o camiño das súas propostas. Gustaríame volver a realizar algunha formación con ela en un tempo non moi lonxano. Encantoume!

Mª Concepción Diéguez

Actividades dinámicas e motivantes

Bo clima de traballo. Actividades dinámicas e motivantes. Contidos interesantes.

Antón Sande

Boa conexión co alumnado

Boa conexión co alumnado e dinámicas realizadas acordes ás idades dirixidas.

Manuel M.

Recibimos unha excelente formación

Recibimos unha excelente formación e unha axuda inestimable de cara a iniciar o proceso de creación dun equipo de mediación escolar formado por profesorado e alumnado.

Mª Eugenia Goldar

Temática correcta e ben enfocada

O obradoiro resultou positivo, cunha temática correcta e ben enfocada cara á realidade do noso alumnado. O clima de traballo foi bo, conectando moi ben co alumnado, tanto a nivel persoal como de actividades.

Lidia Herrero
Xefa de Estudos e Profesora de Educación Física / CPI Viaño Pequeno

Formación moi completa

Quedei moi satisfeita con esta formación. Foi moi completa, chegounos a información por vías diferentes, fixemos prácticas e a poñente estivo sempre atenta a responder a todas as nosas dúbidas, cuestións, e empregar máis tempo do negociado sempre que fixo falta para rematar unha actividade ou facer aclaracións.

Mª Isabel Santamarina
Profesor interino Secundaria / CPI Viaño Pequeno – Trazo

Moi ben plantexado

Curso moi interesante no que adquirín moitos coñecementos con exemplos prácticos. Moi ben plantexado.

Yolanda López
Mestra Titora / CEIP San Martiño

Moi participativa

Unha charla cos nenos e nenas levada de maneira maxistral. Divertida, amena, moi participativa…xenial.

María Paz Hermo
Coordinadora de benestar e convivencia / IES DO BARRAL

Formación amena e completa

Jeniffer é toda unha experta neste eido e leva a cabo unha formación amena e completa, acompañada dun material excelente realizado integramente por ela. É totalmente imprescindible e recomendable para ter unha boa base na formación de convivencia nos centros.

Mariela López

Contidos moi axeitados

En xeral valoro os obradoiros de forma moi positiva. O alumnado conectou coa poñente e os contidos abordados foron os esperados e moi axeitados ás necesidades do grupo.

Mónica Carvalho
Pedagogía Terapeutica / IES DO BARRAL

Excelente

Excelente presentación, explicación y práctica docente para comenzar a trabajar con el grupo de Mediación.

María Paz Hermo
Profesora de secundaria e coordinadora de bienestar e convivencia / IES do Barral

Todo foi sobre rodas

Fai un par de semanas que tivemos a gran sorte de contar con Jeni para a formación do alumnado mediador do noso centro: todo foi sobre rodas e a rapazada quedou moi contenta e con ganas de comezar. Jenni non só aportou ferramentas senón tamén motivación e confianza ao alumnado, ademáis do recoñecemento do seu papel e valor dentro da convivencia do centro. Paga a pena traballar con ela, tanto polos resultados acabados, como a súa profesionalidade e trato cercano e amable. Repetiremos!

Mercedes Martín
Profesora / IES de Mos

Moi pedagóxico

Directa, pragmática, moi pedagóxico o enfoque e cunha dinámica baseada na propia situación de aprendizaxe. Bravo Jeniffer, gustome mil

Ania Pérez
Profesorado secundaria, inglés / IES de Mos

A experiencia foi boa

A experiencia foi boa, a nivel profesional moi adaptable e útil nas titorías. Gustoume a idea do equipo de axudantes. E tamén me axudou a expoñer conflitos que estaban a ter lugar nas sesións de claustro e no trato entre compañeiros. Grazas!

María García

Sesións ben organizadas

Realizamos un curso de convivencia no centro. As sesións estiveron ben estruturadas e organizadas pola docente; intercalando tanto contidos teóricos con dinámicas máis prácticas e aplicables na aula.

Carlos Vaquero
Profesor / IES Coruxo

Moi necesario

É moi necesario este tipo de obradoiros. Penso que os alumnos o pasaron ben, e todo o que se falou foi nunha linguaxe moi clara para eles.

Silvia Costas
Profesora / IES Coruxo

Actividades dinámicas e participativas

O obradoiro estivo moi ben estructurado e con actividades dinámicas e participativas. A pena foi que se fixo curto para que o alumnado puidera participar máis e interiorizar os contidos tan interesantes que a formadora impartiu.

Miguel Puras

Ameno

Ameno, interesante e penso que lles fixo pensar os alumnos, cando menos mentres durou o obradoiro.

Inés Lage

Actividades adaptadas

Actividades adaptadas ao alumnado de EI.

Paz Rodríguez

Moi dinámica e interesante

A formación foi moi dinámica e interesante. Dotounos de estratexias prácticas para traballar na aula. Ganas de mais!

Federico Castro

Moi ben realizado

Moi ben realizado.

Georgina González

Soupo conectar co alumnado

O obradoiro resultou moi interesante e soupo conectar e transmitir moi ben co alumnado.

Olimpia Garrido
Profesora de inglés / IES A Guía

Charla clara e ben estruturada

Empezar cunha dinámica é un acerto e encantoume o clara e ben estructurada que foi a charla. Grazas.

Cristina Conde

Moi motivadora

Amena e moi interesante, baseada na experiencia. Moi motivadora.

Pablo Fernández
Mestre Inglés / CPI Arquitecto Palacios

Graciñas

Estamos desexando comezar a idea do Alumnado Axudante, creemos que servirá a formación para cambiar e mellorar a convivencia no centro. Graciñas.

Elena Fernández
Orientadora / IES do Barral

A valoración é positiva

Penso que a formación foi clara e ben organizada. Os contidos explicáronse de forma amena e a docente conectou moi ben cos rapaces, favorecendo un ambiente participativo. En xeral, a valoración é positiva.

María Paz Hermo
Coordinadora de benestar e convivencia / IES do Barral

Un acerto!

É o segundo ano que confiamos en Jeniffer para formar alumnado e profesorado en sistemas de apoio entre iguais: o ano pasado en Mediación e este ano en Equipos de Axuda e todo foi sobre rodas. Jeniffer é cercana, experta, clara, empática e faise coa rapazada en seguida. Elas e eles non só se forman, senón que disfrutan e se poñen en valor como peza clave dunha boa convivencia, trato e comunicación nas súas relacións diarias e axudando aos demais voluntaria e gustosamente. Un acerto!

Cristina Beatriz

As súas propostas son reais

A sesión foi moi enriquecedora e o que me pareceu máis importante foi que as súas propostas son reais, baixa ás aulas e a realidade coa que nos atopamos. Sabendo, ademais, que isto precisa de moito traballo e colaboración. Quedámonos con pena de non ter mais tempo.

Purificación Toba

Charlas moi boas

Charlas moi boas para o noso día a día.

Natalia Lodeiros
Profesora lingua galega / IES Ramón Otero Pedrayo

É un curso interesante

É un curso interesante, posto que amosa os equipos de axuda como unha ferramenta indispensable nos centros desde un punto de vista totalmente práctico e accesible. É algo que se pode implementar.

Marta Díaz
Profesora / IES Coruxo

Gustoume moito

É a primeira vez que acudo a unha destas formacións co alumnado e pareceume moi interesante porque teñen que reflexionar en voz alta sobre situacións que viven continuamente; ademais os exemplos e os supostos que tiñan que resolver son habituais e cotiáns, polo que non se lles fai estrano nin inverosímil. Gustoume moito e oxalá poder acudir máis tempo na próxima ocasión.

Maider Rodríguez Puy
Titora de convivencia 1°ESO / IES Manuel García Barros

Foi todo un éxito

Tempos axustados e promoción movida e falangueira fixeron máis complexa a realización das dinámicas, e índa así, foi todo un éxito: desfrutaron, aprenderon e descubriron como apoiar ao resto do grupo no día a día.

Raquel Castiñeiras Pereira
Mestra de Pedagoxía Terapéutica / CPIP de Vedra

Formación dinámica, interesante e productiva

Formación dinámica, interesante e productiva Considero que estas xornadas foron de gran utilidade para o alumnado e profesorado. Practicamos diferentes técnicas que serven de axuda para mellorar a convivencia dentro da aula e as relacións persoais en xeral. As tarefas levadas a cabo estaban ben adaptadas á idade do alumnado e á demanda do centro neste caso. A valoración global é moi positiva.

Ángeles Fernández López
Profesora de relixión / IES A Cachada

Formación totalmente recomendable

O que máis me gustou deste curso foi o enfoque na mediación entre iguais. En Secundaria é fundamental que os adolescentes sintan que teñen voz; este curso deume as claves para que eles mesmos sexan protagonistas na resolución dos seus conflitos, fomentando a súa autonomía e responsabilidade dentro do instituto. Sen dúbida, unha formación totalmente recomendable para calquera profesional que queira transformar a convivencia nos centros.»

Cristina Casal

Conecta de maneira espectacular coa rapazada

Coma sempre, foi un pracer ter a Jeni de novo no centro. Conecta de maneira espectacular coa rapazada e a súa forma de comunicar é moi eficaz. Tanto o profesorado como o alumnado do noso Equipo de Mediación, valoramos sempre de forma moi positiva as súas formacións. Grazas!!!

María Pedrouso Puga
Profesora de taller de peiteado / IES Lamas de Abade

Encantoume a dinámica do curso

Encantoume a dinámica do curso

Mª del Mar Sobrido Carro
Orientadora / CPI Os Dices

Conecta moi ben coa xente e da gusto escoitala!

Foi un pracer contar con Jeni na nosa formación. Puiden refrescar moitos contidos e adquirir outros novos con actividades moi amenas. A pesar de ser sesións de catro horas, faise moi curta a formación. Conecta moi ben coa xente e da gusto escoitala!

Laura Blanco Seara
Orientadora educativa / IES A Guía

Temos moitas gañas de repetir

As formacións con Jeni sempre son un acerto. Acabamos de realizar a de Equipos de Axuda de alumnado. Ela é dinámica, con información actualizada, divertida e súper empática… é quen de adaptarse ás realidades e necesidades do alumnado que ten diante cunha naturalidade que sorprende. Temos moitas gañas de repetir.

María Magdalena García García
Profesora e tutora 1ºESO / IES A Guía

Incrible como sacaba o mellor de cada un@

Creouse un clima excelente entre tod@s @s participantes. A docente fixo un moi bo traballo, incrible como sacaba o mellor de cada un@. Control do tempo de actividades e descansos que facía moi dinámica a aprendizaxe. Pola miña parte, un 10.

Jennifer González Blanco
Docente / IES A Guía

Ambiente moi bo e de moita confianza

Moi bo traballo cos rapaces e rapazas. Creouse un ambiente moi bo e de moita confianza para eles

Carla Pardo González
Mestra, Pedagoxía Terapéutica / IES A Guía

Repetiremos seguro!

Quedamos encantadas! Ver como o alumnado respondeu a esta formación foi xenial, Jeni soubo conectar super ben con todas e todos, profes e alumnado. Axudou a que nos coñecéramos mellor, a mellorar a nosa confianza e a convivencia. Formámonos sobre Equipos de Axuda entre iguais pero serve para moitas outras cousas sen dúbida. Repetiremos seguro!

Olimpia Garrido Álvarez
Profesora de inglés / IES A Guía

Conexión total cos rapaces

Encantoume a conexión total cos rapaces, o ambiente distendido e alegre, e cómo se van sumando coñecementos paso a paso practicando dinámicas.

Sabela García López
Profesora / IES A Guía

Útil, tierno e divertido

Foi útil, tierno e divertido

Patricia Cordeiro Iglesias
Xefa de estudos / IES A Guía

Ambiente cercano con el alumnado

Ambiente cercano con el alumnado, que se sintió muy cómodo y propició su participación

Yago Saura Cambeiro
Profesor / IES A Guía

Moi boa interacción co alumnado

Moi boa interacción co alumnado e boa organización. Pareceu un bo inicio!

María Fernanda Bernárdez
Profesora / IES A Guía

Formación moi enriquecedora

Formación moi enriquecedora tanto para o alumnado como para o profesorado. A comunicación co alumnado foi de dez. É un luxo poder contar con tan boa profesional

Irma Landeira Caamaño
Profesora de Educación Física Secundaria / CPI dos Dices

Dinámicas moi aplicables nas aulas

Pareceume unha formación super interesante, moi dinámica onde se nos aportaron dinámicas moi aplicables nas aulas para a mellora da convivencia que é o obxetivo de facer esta formación, mellorar a convivencia no centro.

Judit Carreira

Aporta moitas estratexias útiles

Unha formación do máis productiva xa que ademáis de aprender novas formas de entender a comunicación e a convivencia, Jeniffer o fai moi ameno e dinámico. Aporta moitas estratexias útiles para o traballo diario cos nenos e nenas. Sen dúbida, estaría encantada de repetir esta experiencia con ela.

Natalia Piñeiro

La dinámica de la ponente me gustó

La dinámica de la ponente me gustó pero eché un poquito en falta más prácticas (tipo juegos o dinámicas) que podamos aplicar en el aula con nuestro alumnado.

Montserrat López

Creou un clima de traballo e confianza estupendo

Jeniffer é un comunicadora fantástica, próxima, clara, dinámica… Foi un prazer participar na formación. Creou un clima de traballo e confianza estupendo e os contidos que impartiu son moi positivos e axudaranme moito no meu desempeño docente.

Ana María Soliño

Formación moi dinámica e realista

A formación pareceume moi dinámica e realista, pois recoñecín moitas das situacións que nos comentabas coa miña experiencia docente. Ademais, metíchenos nela case sen nos dar conta, ao tempo que nos fixeches compartir, incluso neste centro no que somos coma unha familia grande, cousas que nos axudan a empatizar cos demais e aprender que «coñecer/saber» é unha ferramenta poderosa á hora de enfrontarnos a/mediar en situacions nas que, aínda que non o creamos, somos peza chave. Moitas grazas.

María Elvira Millán
Profesora de Lingua Castelá e Literatura / IES Monte Carrasco

Fácil de seguir y con un aprendizaje activo

La formación fue excelente. Amena, dinámica, con un ritmo magnífico. Fácil de seguir y con un aprendizaje activo. Una suerte haber tenido a Jeniffer Herbón en nuesto centro.

Inés Rodo

Vai redundar positivamente no noso traballo

Fantástica a ponente, moi dinámica e expresiva. Encantoume a parte práctica e poder compartir eses espazo de intercambio con profes do meu centro. Penso que axudou a coñecernos máis e a reforzar os nosos vínculos, o que con certeza vai redundar positivamente no noso traballo. Grazas!

Carmen Lema

A formación non defrauda!

A formación non defrauda! Jeni é cercana cos rapaces e ao mesmo tempo fomenta a reflexión en cuestión tan importantes como a convivencia nun centro. Foi unha formación dinámica, divertida e onde aprendemos moito , nun clima de confianza e respecto. Encántame que Jeni colabore co noso centro!

Andrea Lagoa

Moi amena

Moi amena. Estratexias interesantes para poñer na práctica.

Nerea Abalde
Mestra educación física / CPI Arquitecto Palacios

Moi boa actitude de Jeni

Moi ben a estrutura de explicación teórica máis xogo para poñelo en práctica experimentando o que se di. Moi boa actitude de Jeni que fai a formación moi divertida e agradable. Como posible aspecto a mellorar levaría a cabo role -playing dalgún caso práctico para que se poñan totalmente na situación e practicaran de primeira man a maneira de intervir en cada caso, así como para detectar e correxir os erros do seu procedemento nese mesmo intre.