Boa dinámica, funcionou ben cos grupos. O alumnado participou activamente. A parte teórica estivo explicada a través de exemplos o que axudou a entender os conceptos. O alumnado valora positivamente volver a realizar novos obradoiros. Paola tivo a xentileza de falar co profesorado para facerlle observacións sobre o que percibira nas dinámicas e recomendou que fixeran co profesorado titor o circulo dentro dun período dun mes aproximadamente para valorar se houbo cambios nas interacións grupais.
Sen dúbida, para repetir
O obradoiro que se levou a cabo tivo un enfoque dinámico e participativo que conectou ao alumnado. Actividades cunha boa secuencia e cun enfoque práctico e directo para o traballo de cohesión grupal, creación dun clima de confianza, práctica emocional, resolución de conflictos e titoría final moi ben abordadas. Sen dúbida, para repetir.
Entretida para o alumnado
Foi unha formación moi dinámica e penso que entretida para o alumnado.
A formación impartida por Jeniffer non pudo estar mellor
A formación impartida por Jeniffer non pudo estar mellor (quizás si, cunha tortilla con cebola).
A verdade é que todo o que nos transmitiu, dende as dinámicas para coñecernos, ata toda a parte da formación de equipos entre iguais, todo estivo moi ben estructurado e transmitido.
Pola miña parte, eu seguiría con máis formacións e aprendendo de esta muller.
Espero que no noso centro moi pronto empecemos coas formacións para alumnos e que pouquiño a pouco a convivencia se aprecie e valore.
Gustoume moitísimo a formación recibida
Gustoume moitísimo a formación recibida. Teño moitas ganas de poñer en marcha todo o aprendido.
Moitas grazas.
Foi unha formación moi boa
Foi unha formación moi boa. Jeniffer é moi divertida e exemplifica moito, polo que é moi fácil de entender o que quere ensinarnos. Gustáronme moito as dinámicas para abrirnos e facernos falar. Gustaríame moito que volvera para traballar co alumnado e eu poder estar presente. As súas sesións axudáronme a ver que moitas veces enfadámonos co alumnado polo seu comportamento sen entender que sempre hai algo que o provoca. A raíz do problema e a empatía como valores importantes. Grazas.
A formación resultou moi útil
A formación resultou moi útil e enriquecedora grazas á profesionalidade de Jeniffer que presentou un enfoque dinámico e participativo, favorecendo o intercambio de ideas e experiencias entre os asistentes e combinando a parte teórica con estratexias moi eficaces e aplicables no día a día dos docentes.
Unha formación moi productiva
Unha formación moi productiva. Aprendemos moito sobre a resolución de conflictos dende o diálogo e a comunicación asertiva. Todos os membros do claustro aprendemos moito con Jeniffer, e dunha maneira moi amena!
A explicación e as actividades foron útiles
Foi positivo aprender novas técnicas de xestión da aula para a convivencia, pero para clases máis conflictivas consideramos que non son suficientes.
A explicación e as actividades foron útiles.
Dinámico
Moi interesante e dinámico.
