A formación resultou moi enriquecedora

A formación sobre convivencia resultou moi enriquecedora e interesante. Destacaría especialmente o carácter dinámico de Paola, que facilitou a participación activa e fixo a aprendizaxe máis amena.

A relatora é moi clara, amena e motivadora

A formación foi de utilidade, sobre todo para iniciar no centro o sistema de axuda entre iguais. A relatora é moi clara, amena e motivadora. Melloraría, segundo o meu parecer, se no lugar de dedicar tempo (ou tanto tempo) ás dinámicas, se tratasen as estratexias de resolución de conflitos, na liña do que serían as formacións dos equipos de axuda ou de mediación.

É necesario seguir facendo actividades deste tipo

En xeral, resultoume de moito interese para o alumnado. A profesional foi moi amena, dinámica e cercana ao alumnado. Interactuou con eles/as e fixeron actividades sinxelas que calaron nos rapaces e rapazas.
É necesario seguir facendo actividades deste tipo.

Talleres moi prácticos

Talleres moi prácticos e teoría moi enfocada. Siron a luz moitos conflitos internos interesantes.

O obradoiro foi ben

Considero que o obradoiro foi ben, porén foi unha pena que non dese tempo a máis.

Moitas grazas por este traballo

As sesiones foron amenas, as propostas e dinámicas moi interesantes e, en xeral, todo o exposto paréceme congruente co tema a tratar, realista e doado para levar a práctica. Considero que foi un tempo ben empregado e que incluso, poderíamos ter unha sesión máis para comprender mellor como debe ser a nosa implicación, no que imos comenzar.
E a ponente de 10.
Moitas grazas por este traballo, tan necesario.

Interesante e produtiva

A formación pareceume interesante e produtiva. Como aspectos a mellorar, reduciría o número das dinámicas desenvolvidas nas dúas sesións para que dese tempo a profundizar máis na parte teórica da posta en marcha é formación dos equipos de axuda.

Os obradoiros foron activos e participativos

Os obradoiros levados a cabo por Paola, tanto en 1º de ESO (sobre convivencia e conflito) como en 2º de ESO (sobre comunicación asertiva) foron realmente útiles de cara a comezar a traballar a prol dunha convivencia positiva no centro no marco do PIE, o cal este curso académico ten como base a mellora da comunicación entre todos os membros da comunidade educativa.
Ademais, os obradoiros foron en todo momento activos e participativos, sendo o alumnado protagonista do seu aprendizaxe.

Exposición didáctica

Non estiven en toda a ponencia. A parte á que asistín gustoume pola boa práctica e didactica exposición. O material co que traballou e que nos enviou, clariño e concreto sobre o tema a tratar.
Jeniffer unha persoa atenta, cercana e unha gran profesional.
Grazas.