Un acerto!

É o segundo ano que confiamos en Jeniffer para formar alumnado e profesorado en sistemas de apoio entre iguais: o ano pasado en Mediación e este ano en Equipos de Axuda e todo foi sobre rodas. Jeniffer é cercana, experta, clara, empática e faise coa rapazada en seguida. Elas e eles non só se forman, senón que disfrutan e se poñen en valor como peza clave dunha boa convivencia, trato e comunicación nas súas relacións diarias e axudando aos demais voluntaria e gustosamente. Un acerto!

A valoración é positiva

Penso que a formación foi clara e ben organizada. Os contidos explicáronse de forma amena e a docente conectou moi ben cos rapaces, favorecendo un ambiente participativo. En xeral, a valoración é positiva.

Graciñas

Estamos desexando comezar a idea do Alumnado Axudante, creemos que servirá a formación para cambiar e mellorar a convivencia no centro. Graciñas.

Moi motivadora

Amena e moi interesante, baseada na experiencia. Moi motivadora.

Moi dinámica e interesante

A formación foi moi dinámica e interesante. Dotounos de estratexias prácticas para traballar na aula. Ganas de mais!

Ameno

Ameno, interesante e penso que lles fixo pensar os alumnos, cando menos mentres durou o obradoiro.