Actividades dinámicas e participativas

O obradoiro estivo moi ben estructurado e con actividades dinámicas e participativas. A pena foi que se fixo curto para que o alumnado puidera participar máis e interiorizar os contidos tan interesantes que a formadora impartiu.

Moi necesario

É moi necesario este tipo de obradoiros.
Penso que os alumnos o pasaron ben, e todo o que se falou foi nunha linguaxe moi clara para eles.

Sesións ben organizadas

Realizamos un curso de convivencia no centro. As sesións estiveron ben estruturadas e organizadas pola docente; intercalando tanto contidos teóricos con dinámicas máis prácticas e aplicables na aula.

A experiencia foi boa

A experiencia foi boa, a nivel profesional moi adaptable e útil nas titorías. Gustoume a idea do equipo de axudantes. E tamén me axudou a expoñer conflitos que estaban a ter lugar nas sesións de claustro e no trato entre compañeiros. Grazas!

Moi pedagóxico

Directa, pragmática, moi pedagóxico o enfoque e cunha dinámica baseada na propia situación de aprendizaxe. Bravo Jeniffer, gustome mil

Todo foi sobre rodas

Fai un par de semanas que tivemos a gran sorte de contar con Jeni para a formación do alumnado mediador do noso centro: todo foi sobre rodas e a rapazada quedou moi contenta e con ganas de comezar. Jenni non só aportou ferramentas senón tamén motivación e confianza ao alumnado, ademáis do recoñecemento do seu papel e valor dentro da convivencia do centro. Paga a pena traballar con ela, tanto polos resultados acabados, como a súa profesionalidade e trato cercano e amable. Repetiremos!

Excelente

Excelente presentación, explicación y práctica docente para comenzar a trabajar con el grupo de Mediación.

Contidos moi axeitados

En xeral valoro os obradoiros de forma moi positiva. O alumnado conectou coa poñente e os contidos abordados foron os esperados e moi axeitados ás necesidades do grupo.

Formación amena e completa

Jeniffer é toda unha experta neste eido e leva a cabo unha formación amena e completa, acompañada dun material excelente realizado integramente por ela. É totalmente imprescindible e recomendable para ter unha boa base na formación de convivencia nos centros.

Moi participativa

Unha charla cos nenos e nenas levada de maneira maxistral. Divertida, amena, moi participativa…xenial.