Son Jeniffer Herbón, psicóloga xurídico-forense (USC) e especialista en mediación (UVigo), e son a creadora e principal formadora de ConVive+.
Os meus coñecementos sobre psicoloxía e alternativas pacíficas de resolución de conflitos leváronme a detectar a necesidade que existe na sociedade á hora de comprender e xestionar a convivencia e o conflito. Por isto, decidín que coa miña experiencia e formación podería traballar por axudar ás persoas a adquirir as habilidades suficientes para xestionar a súa convivencia dun xeito máis positivo, afrontando con éxito as esixencias da vida cotiá.
Son unha muller activa e dinámica, con moitas gañas de ensinar e seguir aprendendo cada día. Resaltaría as miñas habilidades comunicativas e a proximidade coa que me achego ao meu alumnado.