A formación pareceume moi dinámica e realista, pois recoñecín moitas das situacións que nos comentabas coa miña experiencia docente. Ademais, metíchenos nela case sen nos dar conta, ao tempo que nos fixeches compartir, incluso neste centro no que somos coma unha familia grande, cousas que nos axudan a empatizar cos demais e aprender que «coñecer/saber» é unha ferramenta poderosa á hora de enfrontarnos a/mediar en situacions nas que, aínda que non o creamos, somos peza chave. Moitas grazas.
Formación moi dinámica e realista
