-
Obxectivo e metodoloxía
O obxectivo principal é dotar á poboación destinataria das ferramentas necesarias para que acaden unha autoxestión positiva da súa convivencia e afronten con éxito as situacións da vida cotiá.
-
Oferta formativa
En Convive+ sabemos que non todos temos as mesmas necesidades, por iso a nosa metodoloxía se basea na flexibilidade e adaptación á situación actual de cada cliente, buscando a formación que máis se axuste e que máis beneficios lle poida aportar.
-
Sobre min
Son Jeniffer Herbón, psicóloga xurídico-forense (USC) e especialista en mediación (UVigo), e son a creadora e principal formadora de ConVive+.
RESEÑAS
Xenial!
Xenial, poucas veces me teño atopado ponentes que comuniquen tan ben ás cousas e consigan manterme atenta todo o tempo
Me gustó mucho
Me gustó mucho tal como se dio el curso sobre todo que identifiquen emociones, bien interpretando o a través de fotografías. De quitar sólo quitaría la parte de las funciones de los miembros del Equipo Axudante porque ya la orientadora estuvo en las clases explicando esta parte y me pareció un poco repetitivo. Por lo demás os digo Muchas Felicidades!
Cen por cen recomendable
Seminario moi ben estructurado ameno, interesante, con supostos doados de levar á practica e con información moi útil. Cen por cen recomendable.
As súas propostas son reais
A sesión foi moi enriquecedora e o que me pareceu máis importante foi que as súas propostas son reais, baixa ás aulas e a realidade coa que nos atopamos. Sabendo, ademais, que isto precisa de moito traballo e colaboración. Quedámonos con pena de non ter mais tempo.
A experiencia con Convive+ foi marabillosa
A experiencia con Convive+ foi marabillosa desde o primeiro contacto. Grazas por saber escoitarnos e por adaptarte sempre ás nosas necesidades. A formación en convivencia co alumnado de 4°ESO marcou un antes e un despois nas súas dinámicas. Tamén contamos con Convive + para botar a andar un equipo de alumnado axudante de 1°, 2° e 3° de ESO, que remata a formación con moitas ferramentas para a resolución de conflitos e con moitas ganas de axudar.
Formación moi completa
Quedei moi satisfeita con esta formación. Foi moi completa, chegounos a información por vías diferentes, fixemos prácticas e a poñente estivo sempre atenta a responder a todas as nosas dúbidas, cuestións, e empregar máis tempo do negociado sempre que fixo falta para rematar unha actividade ou facer aclaracións.
Enriquecedor
As xornadas foron enriquecedoras, a pesares de que o grupo non permitía avanzar.
Charla clara e ben estruturada
Empezar cunha dinámica é un acerto e encantoume o clara e ben estructurada que foi a charla. Grazas.
Jeniffer é unha gran profesional
Jeniffer é unha gran profesional, empática e coñecedora das realidades da convivencia en centros de traballo e educativos. Na Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía puidemos contar coa súa profesionalidade en varias ocasións, para formar ao claustro e alumnado en mediación e xestión positiva do conflito, así como iniciar o primeiro programa de titorización entre iguais para alumnado. A experiencia foi sempre moi positiva e enriquecedora, e non dubidaremos en colaborar con ela de novo no futuro.
Formación útil e positiva
Tivemos a sorte de contar con Jeni para a formación de convivencia no noso instituto, a súa aportación, ademais de ser moi útil, foi valorada moi positivamente tanto polo alumnado, ao que se lle pasaron moi rápido as horas de formación xa que se lles fixo moi entretido; como polo profesorado, a quen nos axudou moito coas súas aportacións. Este curso volveremos a pedirlle que volva ao noso centro!
Serviunos de moitísima axuda
Formación moi útil e súper dinámica! Serviunos de moitísima axuda coa creación dos equipos de alumnado axudante no centro e o alumnado quedou encantado con ela e coa súa forma de traballar. Moi recomendable!
Xenial o modo de comunicarse e conectar co alumnado
Xenial o modo de comunicarse e conectar co alumnado. As dinámicas de grupo empregadas gustáronme moito, moi acertadas. Fíxoseme curta a formación. Adicaría máis tempo para aplicar o aprendido con casos prácticos. Un auténtico pracer!!
Explicado con claridade
Parecéume moi interesante, ameno e explicado con claridade.
Moi recomendable!
Moi recomendable! Jeni é un encanto, moi accesible, disposta e adáptase perfectamente ás distintas necesidades do centro (tanto en relación a contidos como en relación a número de sesións). No noso caso contamos con ela para impartir un obradoiro de convivencia (no marco do Plan de Benestar Emocional) e a formación para mediación entre iguais. Todo un éxito
Un acerto!
É o segundo ano que confiamos en Jeniffer para formar alumnado e profesorado en sistemas de apoio entre iguais: o ano pasado en Mediación e este ano en Equipos de Axuda e todo foi sobre rodas. Jeniffer é cercana, experta, clara, empática e faise coa rapazada en seguida. Elas e eles non só se forman, senón que disfrutan e se poñen en valor como peza clave dunha boa convivencia, trato e comunicación nas súas relacións diarias e axudando aos demais voluntaria e gustosamente. Un acerto!
Destaca o seu traballo…
Destaca o seu traballo en contidos como empatía, escoita activa, percepcións dun conflito, habilidades comunicativas e emocionais,… Todas estas destrezas non só as comunica con acerto senón que consegue no alumnado toda a atención e interese pola aprendizaxe neste eido da resolución de conflitos, tan importante para a nosa sociedade.
Ameno
Ameno, interesante e penso que lles fixo pensar os alumnos, cando menos mentres durou o obradoiro.
Una formación de 10
Una formación de 10. Desde las actividades propuestas hasta la información facilitada a los alumnos/as, considero que fue muy acertado. Sin duda, repetiremos con la formación para futuros cursos.
Me pareció maravilloso de principio a fin.
Me pareció maravilloso de principio a fin. Primero la propuesta, segundo el material aportado, tercero y el más importante, como conecta Jeni con los niños, y lo útil de todos los contenidos. Ya no solamente es útil para ayudar, sino también de cara a la gestión emocional individual. Creo que debería haber cursos así obligatorios para todo el alumnado. Finalmente, también muy bien la ayuda prestada en posteriores ocasiones :).
A experiencia foi boa
A experiencia foi boa, a nivel profesional moi adaptable e útil nas titorías. Gustoume a idea do equipo de axudantes. E tamén me axudou a expoñer conflitos que estaban a ter lugar nas sesións de claustro e no trato entre compañeiros. Grazas!
Formación amena e completa
Jeniffer é toda unha experta neste eido e leva a cabo unha formación amena e completa, acompañada dun material excelente realizado integramente por ela. É totalmente imprescindible e recomendable para ter unha boa base na formación de convivencia nos centros.
Súper recomendado!
Las formaciones que tuve con Jeni fueron maravillosas, conocí herramientas para mejorar mi comunicación, para resolver conflictos, para escuchar y para ser escuchada tanto en el ámbito estudiantil como a nivel personal. Súper recomendadas todas las formaciones con ella!!
Grazas á súa cercanía e entusiasmo
É o segundo ano que contamos coa colaboración de Jeniffer para formar ao noso alumnado axudante. Grazas á súa cercanía e entusiasmo, os rapaces e rapazas rematan a formación moi motivados e dispostos a comprometerse ao 100% co proxecto. Ademais, Jeniffer sempre está disposta a axudar ao profesorado en todo o que necesite.
Actividades adaptadas
Actividades adaptadas ao alumnado de EI.
Gustoume moito
É a primeira vez que acudo a unha destas formacións co alumnado e pareceume moi interesante porque teñen que reflexionar en voz alta sobre situacións que viven continuamente; ademais os exemplos e os supostos que tiñan que resolver son habituais e cotiáns, polo que non se lles fai estrano nin inverosímil. Gustoume moito e oxalá poder acudir máis tempo na próxima ocasión.
Moita información interesante e moi ben explicada
As dúas sesións sobre convivencia positiva e conflito foron simplemente xeniais. Moita información interesante e moi ben explicada. Jeni aportounos ferramentas moi útiles para o noso día a día na aula, sempre adaptadas ás situacións reais que se presentan en clase. Gustoume tamén que estivesen baseadas en estratexias que funcionan. Jeni mostrouse todo o tempo cercana tanto co profesorado e familias como co alumnado, ofrecéndonos charlas amenas. Moitas gracias por todo!
Sesións ben organizadas
Realizamos un curso de convivencia no centro. As sesións estiveron ben estruturadas e organizadas pola docente; intercalando tanto contidos teóricos con dinámicas máis prácticas e aplicables na aula.
Me pareció muy interesante
Me pareció muy interesante trabajar con el alumnado este tipo de técnicas y espero que les ayuden a ello@s y al profesorado en la resolución de conflictos.
A formación foi moi positiva para todo o grupo
A formación foi moi positiva para todo o grupo. Jeni é unha persoa moi cercana, dinámica e traballadora. Non paramos de facer cousas nos dous días que durou a formación. Sería convinte que todo alumnado e profesorado fixera cousas de este estilo para a mellora da convivencia nos centros. Esperamos que volva pronto e animo a tod@s a facela.
Recomendaría esta formación
Presentación adecuada al tema. Dinamismo y seguridad en la relación con los los participantes. Reconduce la atención cuando los alumnos se dispersan. En mi opinión se debería aumentar la práctica de conducta asertiva. Recomendaría esta Formación para mejorar las relaciones interpersonales en todos los ámbitos.
